Grao medio en instalación e amoblamento

DTO MADERA.- Visitas técnico culturales 2020. Betanzos de los Caballeros


Zona Betanzos de los Caballeros.
27 y 28 de febrero

Visitas técnico culturales realizadas en febrero de 2020 en la zona de Betanzos

Este xoves 28 de febreiro do 2020 realizamos unha das nosas visitas á empresa PUERTAS VALES en Aranga. empresa dedicada á fabricación e comercialización de portas de madeira. Fundada en 1.976 por D. Manuel Vales Seoane, caracterizouse por ofrecer solucións de calidade e fiabilidade ao sector industrial e ao da construción.

 

Visitamos a empresa de primeira e segunda transformación, IRMÁNS GARCÍA ROCHA S.L. As súas orixes remóntanse ao ano 1959. Don Manuel Pastor García Rocha (pai dos actuais administradores, Manuel, Julio e Francisco García Otero), desempeñaba a súa actividade nun pequeno taller de Bendrade (Oza-Cesuras). As súas actividades céntranse en explotación forestal do piñeiro (para destinalo ás plantas de aglomerado e taboleiro) e Eucalyptus globulus (para a fabricación de pasta de papel).

 

 

Motivado pola celebración do 800 aniversario do traslado do a cidade de Betanzos dos Cabaleiros desde Tiobre ata o actual centro histórico, realizamos unha visita centrada nos elementos arquitectónicos de referencia da cidade, relacionados coa carpintería e moble, que forman parte da tradicion dun pobo e da súa cultura.

 

 

Ademais tivemos o agrado de recibir unha charla didáctico instructiva de Hugo, representante do GRUPO PELE, de Villalaba. Empresa que destaca na instalación en obra especializados na xestión e execución de proxectos de Obras de Retail, e abarcamos un gran abanico de posibilidades, que vai desde o interiorismo á rehabilitación, tanto en reformas como calquera tipo de obra nova. Contando cunhas instalacións duns 2500 m2 equipadas con : Cabinas presurizadas, Calibradora, liñas automáticas de peza recta ata 6 metros de longo e 20 cm de ancho, liña de planos (portas, tarimas, taboleiros), rusticadora e un longo etcétera de instalacións de produción e técnicas que nos permiten desenvolver importantes pedidos en curtos prazos de tempo.