FOL

CONVOCATORIA PROBA TELEMÁTICA XUÑO


ALUMNADO DE 1º MÓDULO DE FOL:

  • MADEIRA
  • ELECTRICIDADE
  • PREIMPRESIÓN DIXITAL
  • IMPRESIÓN GRÁFICA

CONVOCATORIA PROBA TELEMÁTICA ALUMNADO DE 1º MÓDULO DE FOL

En cumplimento da adaptación da programación de FOL publicada, tanto no taboleiro das aulas virtuais coma na páxina web do centro comunícanse as datas e horas definitivas da convocatoria á proba telemática de todo o alumnado que teña pendente a 1ª ou 2ª avaliación, ou ámbalas dúas, como xa se vos adiantou no comunicado feito o pasado 29 de maio por medio da aula virtual e dos vosos correos electrónicos.

Por tanto, CONVÓCASE a todos os alumnos/as que desexen asistir á proba telemática o día e horas que a continuación se relacionan:

  • Alumnado do ciclo de MADEIRA: mércores 3 de xuño de 2020 entre as 8:15 e as 11:00 horas.
  • Alumnado do ciclo de ELECTRICIDADE: mércores 3 de xuño de 2020 entre as 11:15 e as 14:30 h.
  • Alumnado do ciclo de  PREIMPRESIÓN DIXITAL: xoves 4 de xuño de 2020 entre as 9:15 e as 12:30 h.
  • Alumnado do ciclo de  IMPRESIÓN GRÁFICA: venres 5 de xuño de 2020 entre as 9:15 e as 12:30 hl

 

Por motivos de privacidade e en cumprimento da LOPD, comunicarase a hora aproximada da proba a cada alumno/a ó correo electrónico persoal, entendendo coma NON PRESENTADO, se non se ten previamente outra  comunicación ó respecto, aqueles alumnos/as que non acepten dentro dos 10 minutos seguintes a invitación á proba telemática.

 Desde o DPTO FOL desexámosvos a todos/as moito ánimo e sorte en todas as probas.