Información xeral

BRAGA 2012 Capital Europea da Xuventude

BRAGA 2012 Capital Europea da Xuventude

A mocidade galega poderá debater sobre os problemas que afectan á xuventude a través do proxecto Galicia Polis, que será realizado en varias cidades galegas con seminarios preparatorios e un seminario final en Braga (Portugal) que terá lugar entre os días 21 e 23 de novembro.

Este proxecto incide na necesidade de que os mozos e mozas participantes expoñan as súas inquedanzas e ideas sobre os problemas da xuventude, as súas vivencias democráticas, os valores europeos e a dinamización xuvenil da Eurorexión Galicia Norte de Portugal.

Estes seminarios serán organizados de conformidade cos principios de educación non formal, voluntariado, integración, diálogo e debate. O proxecto chegará a 200 mozos e mozas galegos con idades comprendidas entre os 15 e 30 anos. En concreto, a caravana visitará Tui, Pontevedra, Lugo, Ourense, Vigo, Santiago, Ferrol e A Coruña.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe esta iniciativa nunha rolda de prensa en Santiago e indicou que a iniciativa contará con oito seminarios preparatorios a través da organización dunha caravana que visitará varias vilas galegas no sentido de convidar a todos os mozos e mozas galegas a aportar a súa achega á construción de novas políticas de xuventude no ámbito de Braga 2012 Capital Europea da Xuventude.

Rodeiro engadiu que “os seminarios serán desenvolvidos nun clima de tolerancia e convivencia, coa pretensión de desenvolver reaccións de respecto mutuo pola diversidade cultural e diferentes grupos políticos, asociativos e sociais”.

O proxecto culminará coa realización dun encontro en Braga con todos os representantes dos diversos seminarios preparatorios cun espírito de representatividade efectiva e realización dun documento orientador.

Este proxecto incide na necesidade de que os mozos e mozas participantes expoñan as súas inquedanzas e ideas sobre os problemas da xuventude, as súas vivencias democráticas, os valores europeos e a dinamización xuvenil da Euro Rexión Galicia Norte de Portugal.

Braga 2012 Capital Europea da Xuventude entende o diálogo estruturado como unha metodoloxía de educación non formal para a promoción da participación activa e como o motor do cambio e desenvolvemento de procesos democráticos.

Do mesmo xeito pretende abrir unha discusión sobre o proceso democrático, a participación dos mozos e mozas, a cidadanía activa e incrementar a súa participación de forma activa e democrática nas estruturas sociais e nas organizacións xuvenís na Eurorexión Galicia Norte de Portugal.

Está dirixido especialmente aos estudantes de ensino de grao superior e ensino medio, a membros de entidades xuvenís, culturais e deportivas do Norte de Portugal e de Galicia.

 

Do noso centro paticipan 41 alumnos dos siguintes ciclos: Mecanizado, Soldadura, Electricidad e Preimpresión no marco do módulo de Empresa e iniciativa emprendedora e do módulo Administración, xestión e comercialización da empresa 

Galicia Polis do 5 ao 13 de novembro de 2012: proxecto de democracia participativa.

Galería de fotos