Rematamos o mes de xaneiro no que celebramos os talleres de PPAA impartidos por técnicos da Cruz Vermella. Nestes talleres participaron profesores e alumnado.
Tentamos adquirir coñecementos para afrontar os riscos que se poden dar nas situacións máis cotiáns da vida, evitar e reducir posibles danos e saber actuar ante calquer accidente inesperado, así que todos os participantes practicamos as maniobras de asistencia: a RCP e a maniobra de Heimlich.