Empresa e iniciativa emprendedora.

GALA IDEA 2019

GALA IDEA 2019
CIDADE DA CULTURA
20/12/2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional invitou ó acto de entrega dos premios IDEA 2019 ao alumnado do IES Calvo Sotelo participante no concurso EDUEMPRENDE-IDEA 2019 a expoñer os seus proxectos.

 
Os proxectos participantes foron:
  • TRÈPALÉ, realizado polos alumnos de 2º de Madeira, Diego Seoane Sesar, Juan Fco Álvarez Martínez e Luca Gómez Garrido.
  • AFOUTEZA, realizado por alumnado de 2º de Preimpresión Dixital, Cristina Vidal Carreira, Judit Cabeza Martínez, Brais Añón Puente e Daniel Glez Castañeda, representados por temas laborais dos participantes, por alumnado deste curso académico 2019/2020 do mesmo ciclo formativo.
A Gala contou coa intervención da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional "Carmen Pomar Tojo" e co Conselleiro de Economía, Emprego e Industria "Francisco José Conde López".
A Gala tamén contou coa asistencia de todo o alumnado de 2º do curso académico 2019/2020 do noso centro.
Unha vez máis parabéns ao noso alumnado e desde o IES CALVO SOTELO convidámolos a seguir participando.
 
 

FOTOS GALA IDEA 2019

Galería de fotos