Os alumnos que finalizaron a súa Formación en Centros de Traballo do departamento de electricidade, fixeron a presentación da empresa onde estiveron traballando.
Ademais presentaron un reportaxe fotográfico sobre as tarefas mais importantes que realizaron. A esta presentación tamén asistiron os alumnos que acaban de finalizar o primeiro curso, para que vexan as distintas opcións de empresas e tipos de traballos que poden facer no vindeiro curso, durante o seu período de prácticas na empresa.