Os alumnos de 1º de FPB foron de excursión ás Illas Cies.
Ao rematar o curso, os mellores alumnos de 1º de formación profesional básica, foron agasallados cunha viaxe ás Illas Cies. Viaxaron en bus dende A Coruña ata o porto de Vigo, onde embarcaron rumbo as Illas. Foi un día espectacular; e acompañados dun guía visitaron a ruta do faro, vendo fauna e flora da zona, praias fermosísmas e paisaxes sorprendentes. Antes da comida, os alumnos bañáronse na praia. Regresaron sobre as 8 da tarde. En resumo, unha experiencia e un día inolvidable para todos.