Información xeral

Xornada informativa.

Xornada informativa.

 

O 27 de marzo a solicitude da Dirección do IFP «Calvo Sotelo» da Coruña, representantes de ASINEC impartiron unha Xornada dirixida aos alumnos do último Ciclo de Instalacións Eléctricas e Electrónicas con objecto de expor as posibles saídas a nivel profesional, trámites administrativos para legalizar empresas de instalacións, requisitos, necesidades, apoios que pode facilitar a Asociación, etc.

As relacións da Asociación cos Centros de Formación Profesional son moi interesantes e ademais dos convenios coas empresas para a realización de prácticas de alumnos, a realización de eventos como os concursos de mozos instaladores, etc, posibilitan unha información aos alumnos das necesidades reais das empresas e das posibles vias de incorporación ao mercado laboral. Por suposto o apoio a nivel informativo aos futuros instaladores bríndase a todo aquel que queira iniciar o proceso de montar a súa propia empresa, facéndolle máis fácil a integración no mundo laboral e empresarial.

Xornada informativa no Instituto de Formación Profesional «Calvo Sotelo» da Coruña.

Galería de fotos