Alumnos/as do Ciclo Superior Mecatrónica Industrial visitaron as instalacións da Facultade de Enxeñería do Campus de Ferrol.
Profesores/as da Facultade mostraron aos alumnos/as en que consisten os distintos graos e as saídas laborais que ofrece o mundo da enxeñería.
A visita resultoulles moi interesante tanto aos alumnos/as como a profesora Manuela García, por quen estiveron acompañados nesta ocasión.
Pola mañán visitaron o Campus Universitario de Esteiro e fixeron unha visita guiada a EXPONAV. Pola tarde visitaron o Campus Universitario de Serantes.
Visita para repetir !!!
FOTOS FACULTADE DE ENXEÑERÍA