Información xeral

BRAGA 2012 Capital Europea da Xuventude de visita en Braga

BRAGA 2012 Capital Europea da Xuventude de visita en Braga
Os alumnos Brais Allegue Vidal e Santiago Muelas Vazquez do IES CALVO SOTELO representaron a mocidade galega nun proxecto Europeo en Braga (Portugal).
Estes dous alumnos do noso instituto xunto con catorce mozos e mozas doutras sete cidades galegas, foron os encargados de representar durante catro dias en Braga (Portugal) a mocidade galega nun proxecto Europeo chamado Galicia Polis.
O proxecto Europeo “Galicia Polis” foi organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, xunto coa Fundação Bracara Augusta, entidade responsable da organización de Braga 2012, Capital Europea da Xuventude, a Federação Nacional de  Associações Juveniles (FNAJ - Portugal) e a Federación de Asociacións Xuvenís de Galicia (FEXUGA – Galicia).
Este proxecto que está enmarcado dentro das accións de Democracia Participativa do programa europeo Xuventude en Acción, utiliza o diálogo estruturado como unha metodoloxía de educación non formal para a promoción da participación activa e como o motor do cambio e desenvolvemento de procesos democráticos e incide na necesidade de que os mozos e mozas participantes expoñan as súas inquedanzas e ideas sobre os problemas da xuventude, as súas vivencias democráticas, os valores europeos e a dinamización xuvenil da Euro Rexión Galicia Norte de Portugal.
O proxecto Galicia Polis recolleu as propostas dos propios mozos mediante a realización dun documento orientador que pretende mellorar a participación xuvenil nestes procesos e tamén  busca abrir unha discusión sobre o proceso democrático, a participación dos mozos e mozas, a cidadanía activa e incrementar a súa participación de forma activa e democrática nas estruturas sociais e nas organizacións xuvenís na Eurorexión Galicia Norte de Portugal.
Alumnos do noso centro desprázaronnse a Braga (Portugal) para participar no encontro de junventud que alí tivo lugar do 16 ao 18 de novembro.

Galería de fotos