Empresa e iniciativa emprendedora.

FEIRA INICIA 2022


Parabéns a todos os participantes e de modo especial aos alumnos do Grao Medio de Instalación e Amoblamento: Sara Gagino e Manuel Baña, que conseguiron o 1º premio na feira do Inicia que se celebrou no Centro Ágora o pasado martes 29 de marzo.

Nesta ocasión o IES ROSALÍA MERA participou con dez proxectos no Programa INICIA 2021/2022 e acadaron a final os seis seguintes:

  • Grao Medio INSTALACIÓN E AMOBLAMENTO: "TUBIK" e “ECO-WOOD”
  • Grao Medio PREIMPRESIÓN DIXITAL: “ESTILO GRÁFICA”
  • Grao Medio INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS: "SOLAR FILL”
  • Grao Superior DESEÑO E XESTIÓN DA PRODUCIÓN GRÁFICA: "ARTIS Editorial” e “FUTURE ANIMATION”

 

 Motivo polo cal vos queremos dar as grazas e os parabéns polo esforzo feito ao alumnado participante (finalistas e non finalistas), e de modo especial aos rapaces gañadores do 1º premio co proxecto “TUBIK”, titorizado pola profesora Manuela García Calderón.

FOTOS INICIA 2022