Tódolos anos facemos as nosas visitas técnicas, nas que completamos a formación dos nosos alumnos acudindo a empresas de primeira liña. O obxetivo destas visitas é que os alumnos podan ver o traballo real no día a día dos distintos sectores nos que poderán traballar o día de mañán e teñan contacto cos profesionáis que desempeñan esas labores.
Nesta ocasión acudiron ás seguintes empresas:
- Alumnos de primeiro curso: o día 15/02/24 visitaron as instalacións de Fibranor (Paderne) có persoal de mantemento. O día 16/02/24 acudiron ás empresas Hydracorte, Blanco Mayer e Dimalnox
- Alumnos de segundo curso: o día 15/02/24 visitaron ó buque Irmáns García Nodal có persoal de mantemento e as instalacións do Porto de Marín coa empresa Grupo Nogar. O día 16/02/24 acudiron ás instalacións do grupo Inditex (Arteixo) onde viron todo o proceso dende o deseño hata a posta á venta nas diferentes canles.
Agradecémoslle a tódalas empresas a súa adicación, permitindo ó noso alumnado ter esa visión real do que están a estudar.