Empresa e iniciativa emprendedora.

FEIRA DE IDEAS EMPRESARIAIS 2016/17

FEIRA DE IDEAS EMPRESARIAIS 2016/17
Forum Metropolitano
29 MARZO 2017

Noraboa os nosos alumnos José Manuel Abella Rivera, Jesús López Ramos e Rubén López Sánchez do C.M. instalacións eléctricas e automáticas, que conseguiron un dos premios na VII Feira de Ideas Empresariais 2016/17, X Edición dos Premios Formación para Emprender,  co seu proxecto emprendedor ELECTRICALL.

Un ano máis o IES Calvo Sotelo participou no Programa Inicia que se celebrou no Forum Metropolitano, e un ano máis foi finalista un dos proxectos dos nosos alumnos...aínda que, esta vez con premio incluido.

O INICIA é un programa levado a cabo pola Concellería de Empresa e Economía Social que persigue incentivar o espírito emprendedor entre o alumnado dos centros educativos de formación profesional e os centros de ensino especial.

O traballo ó longo do curso e a constancia fixeron que estes rapaces conseguiran este premio.

Noraboa rapaces !!!!!

 

/fotos/album/ver.htm?id=337

 

Galería de fotos