Grao medio en mecanizado

Xornada técnica de mecanizado por parte do grupo Hoffmann


Taller de mecanizado

O grupo internacional Hoffmann fai unha demostración das súas ferramentas ó noso alumnado e ós representantes das empresas do metal da provincia da Coruña.

O IES Calvo Sotelo consegue reunir ó alumnado de Fabricación Mecánica co empresariado da provincia coruñesa.

Hoffmann Group, con gran peso internacional no sector, en colaboración co IES Calvo Sotelo, realizaron unha demostración das ferramentas de mecanizado máis punteiras do mercado actual.

Tanto o empresariado coruñés como o alumnado do centro, puideron disfrutar da última tecnoloxía a pé de máquina.