Ciclos Formación Profesional

Os ciclos formativos de grao medio, superior e FP Básica ofertados polo IES  Rosalía Mera, e que podes ver pinchando aquí, cúrsanse en réxime ordinario, modalidade presencial e organizado en dous cursos en quendas de mañá. A asistencia ás clases é obrigatoria.

Para poder cursar un ciclo formativos de FP  as persoas interesadas terán que participar en dous procesos:

 

 PRIMEIRO-  PROCESO DE ADMISIÓN 

 

►A) Proceso de admisión en FP Básica

 

requisitos a cumprir:

O alumnado que desexe acceder á FP Básica debe cumprir os seguintes requisitos de forma simultánea:

  • Ser proposta/o polo equipo docente do seu centro á nai/pai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.
  • Consentimento da nai, pai ou titoras/es legais do alumnado para cursar estas ensinanzas
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ter cursado 3º da ESO ou, excepcionalmente, ter cursado 2º

 

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupo con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  •  Que teñan 17 anos e non estiveran escolarizados no curso anterior ou que teñan 18, 19 ou que fagan 20 no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de FP ou calquera título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

 

DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS POR CICLO

Do total de postos escolares que se ofrezan, reservarase un 10%  de prazas en cada ciclo para estudantes que teñan recoñecida unha discapacidade.

No caso de que existan máis número de solicitantes que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:

  • Primeiro.- O alumnado que cursase 2º de ESO (ordenad@s de menor a maior idade)
  • Segundo.- O alumnado que cursase 3º de ESO (ordenad@s de menor a maior idade)
  • Terceiro.- O alumnado que cursase 4º de ESO (ordenad@s de menor a maior idade)

 

En caso de empate entre vairas persoas solicitantes por un mesmo posto escolar, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación.

De persistir o empate resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos.

 

►A) Proceso de admisión en Ciclos Formativos Grao Medio e Superior

Proceso que abre  anualmente e regula a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, establecendo un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes.

 

DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS POR CICLO

No réxime ordinario, as prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral (90%), cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).

Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:

          Para acceso ao grao medio:

  • Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos. (Ata o 70%)
  • Grupo B, persoas que teñen título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes. (Ata o 20%)
  • Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.(Ata o 10%)

 

      Nota.- para saber máis sobre os criterios de selección podes consultar o seguinte enlace

  Para acceso ao grao Superior:

  • Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos. (Ata o 70%)
  • Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE. (Ata o 20%)
  • Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior. (Ata o 10%)

 

      Nota.- para saber máis sobre os criterios de selección podes consultar o seguinte enlace

 

►As persoas interesadas en obter máis información sobre  o proceso de admisión a un ciclo formativo de FP de Grao Medio ou Superior podedes consultar  as Instrucións xerais do proceso de admisión

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN

Con independencia do réxime solicitado (ordinario ou de persoas adultas) os prazos de presentación de solicitudes de admisión para Ciclos de Grao Medio e Grao Superior de FP son os seguintes:

  • Prazo ordinario (entre xuño e xullo) pendente publicación datas
  • Prazo extraordinario (setembro) pendente publicación datas

 

Os prazos de presentación de solicitudes de admisión para  FP Básica son os seguintes:

  • Prazo ordinario (setembro) pendente publicación datas
  • Prazo extraordinario (setembro) pendente publicación datas

 

Para presentar a solicitude inscrición para ciclos formativos de FP hai que ter en conta que:

      ►Unicamente podera presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no momento da inscrición.

      ►As solicitudes presentadas no período ordinario terán prioridade sobre as presentadas no período extraordinario.

 

ADXUDICACIÓN DE PRAZA

As persoas con praza adxudicada poden:

  • Matricularse, debendo facelo no centro adxudicado e nos prazos establecidos, o que implica a renuncia  á participación no proceso de admisión a outros ciclos formativos.
  • Renunciar á praza, debendo facelo nos prazos establecidos, e afectaralle á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A/o solicitante poderá seguir no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza que se renuncia.
  • Non matricularse nin renunciar. Estas quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas.

 

 

SEGUNDO.- PROCESO DE MATRICULACIÓN

 

Proceso que hai que facer no centro docente asignado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a cal regula e establece tamén os prazos de formalización da matrícula.