Na seguinte ligazón pódese consultar o Plan de convivencia da Residencia IES Rosalía Mera para o curso académico 2024 - 2025.
Nos casos nos que, durante o curso académico, o alumnado residente desexe darse de baixa dos servizos que ofrece a residencia ou modificar o réxime de estancia (residencia/media pensión), deberá solicitalo a través dun dos seguintes documentos:
Tal e como se reflexa no Plan de convivencia da Residencia IES Rosalía Mera, o alumnado residente, entre 16 e 18 anos, pode solicitar un permiso especial de saída a noite previa a un día festivo entre semana, mediante o modelo que se adxunta a continuación:
Infórmase a pai/nai/titor legal do alumnado residente maior de idade, que ostenta interese lexítimo para recibir información relacionada coa estancia na Residencia IES Rosalía Mera, en aqueles casos en que o alumnado depende economicamente deles, deberán cubrir o modelo de solicitude que aparece a continuación e rexistralo na Secretaría do IES:
Para calquera tipo de información e/ou aclaración, poderanse facer consultas a través do enderezo electrónico residencia.rosaliamera@dacoruna.gal ou ben, nos teléfonos 981 080 408 e 650 783 527.