Certificados > Certificados Celga

  👉 Dorso de una mano con el dedo índice señalando hacia la derecha Emoji —  Significado, copiar y pegar, combinaciónesESTE CENTRO DE ENSINO, como o resto de centros, SOAMENTE PODE EMITIR CERTIFICADOS CELGA AO SEU ALUMNADO          (sempre e cando cumpra cos requisitos indicados abaixo)  

 

O alumnado do  IES ROSALÍA MERA que cumpra os requisitos recollidos no ANEXO I da orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (CELGA), poderá solicitar na Secretaría deste Centro a validación e expedición de certificados de lingua galega.

Para máis información visita o PORTAL DA LINGUA 

  • Aquel alumnado deste Centro de Ensino que cursase e superase a materia de lingua galega en todos os cursos da educación primaria ou en seis cursos da EXB serán validables polo certificado de lingua galega 1 (Celga 1)
  • Aquel alumnado deste Centro de Ensino que cursase e superase a materia de lingua galega en todos os curso da EXB serán validables polo certificado de lingua galega 2 (Celga 2)
  • Aquel alumnado deste Centro de Ensino que cursase e superase a materia de lingua galega en todos os cursos que indica o currículo de FP1 e que estean en posesión do título de Técnico Auxiliar (FP1) serán validables polo certificado de lingua galega 3 (Celga 3)
  • Aquel alumnado deste Centro de Ensino que cursase e superase a materia de lingua galega en todos os cursos que indica o currículo de FPII e que estean en posesión do título de Técnico de FPII serán validables polo certificado de lingua galega 4 (Celga 4)

 

Para obter esta certificación poderá:

  •  Solicitalo persoalmente nas oficinas de Secretaría do  IES Rosalía Mera
  • Cubrir este MODELO SOLICITUDE e envialo ao correo electrónico:  ies.rosaliamera@edu.xunta.gal

 

Para calquera consulta pode chamar ao Tfo. 981 080 408