Certificado de prevención de riscos laborais

O alumnado do IES Rosalía Mera que teña superado a formación correspondente ao módulo de Formación e Orientación Laboral (FOL), que  capacita para levar a cabo as responsabilidades de nivel básico en prevención de riscos laborais consoante ao establecido no RD 39/1997, do 17 de xaneiro, e obteña algún dos títulos de grao medio ou superior dos ciclos formativos de FP que se imparten neste centro concédeselle  o Certificado en prevención de riscos laborais, nivel básico (60 h), segundo o artigo 35 do devandito RD, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención (RSP).

Como facer para obter este certificación?

  •  Solicitalo persoalmente nas oficinas de Secretaría do  IES Rosalía Mera
  • Cubrir este MODELO SOLICITUDE  e envialo ao correo electrónico:  ies.rosaliamera@edu.xunta.gal

 

Para calquera consulta pode chamar ao Tfo. 981 080 408

 

MODELO DE CERTIFICADO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS QUE SE ENTREGA AO ALUMNADO