REALIZACIÓN FCT E PROXECTO (COVID-19)

De acordo ao artigo 2. Módulo de FCT e de Proxecto nas ensinanzas de formación profesional da Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial,   ao alumnado do módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT), flexibilízanse as condicións xerais do seu desenvolvemento.

O punto 2 deste artigo establece que para a  realización da FCT fóra do período ordinario, os centros educativos poderán, entre outras,  Desenvolver o módulo de FCT a partir do 1 de setembro de 2020.

Neste caso:


1) O alumnado matricularase en calquera dos períodos extraordinarios establecidos para realizar o módulo de FCT e, de ser o caso, o módulo de Proxecto. Para os efectos de non consumir a convocatoria asociada á matrícula do curso 2019-2020, será avaliada como unha renuncia, indicando en observacións “COVID19 - curso 2019-2020”.

2)  O alumnado pode optar por realizar o módulo de Proxecto no período establecido con carácter xeral ou ben no momento de realizar a FCT, aínda que a avaliación efectiva se fará cando se realice a FCT.


3) Nas dúas alíneas anteriores, o alumnado deberá presentar ante o centro educativo unha solicitude segundo o modelo do anexo II, antes do 30 de xuño de 2020, que quedará arquivada no expediente do/da alumno/a.

 

Descárgate aquí o modelo do Anexo II (Solicitude Realización do Módulo de FCT e do módulo de Proxecto (COVIDD-19)