Calendario Certame

CALENDARIO PÚBLICO - ESPECTADORES

Os/as espectadores/as e público interesado en asistir a algunha ou algunhas das representacións teatrais poden consultar de seguido, pulsando a ligazón, o calendario oficial do XXIV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña. No mesmo detállanse as datas e horas das representacións.

A entrada para todas as obras é gratuíta e a apertura de portas 10 minutos antes do comezo da obra.

 

CALENDARIO COMPAÑÍAS E CENTROS EDUCATIVOS

Rematado o período de inscrición, xa podedes consultar as datas, escaletas e horarios asignados do XXIV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña.

 

A reunión de coordinación cos/coas representantes das compañías ou centros educativos celebrarase o luns 20 de marzo de 2023 ás 20:00 h no IES Rosalía Mera.

A Gala de entrega de premios celebrarase no Teatro Colón o venres 16 de xuño de 2023 ás 20:00 h.