A Secretaría do IES Rosalía Mera , unha vez recibidos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria os títulos tramitados, comunicará por escrito a súa disponibilidade a aquel alumnado que solicitara a expedición do correspondente título.
Requisitos para poder retirar un título
- O alumnado debe recollelo persoalmente acreditando a súa identidade mediante a presentación do seu DNI.
- Se non o podes recoller persoalmente, poderás autorizar outra persoa, preferentemente un familiar, a través dun escrito asinado pola alumna/alumno no que deberá figurar o nome e apelidos, e o número do DNI da persoa autorizada, quen deberá acreditar a súa identidade (MODELO AUTORIZACIÓN). Dito escrito acompañarase dunha fotocopia simple do DNI do titular.