Probas > Acceso grao superior

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

A proba, cuxos contidos e criterios de avaliación podes consultar na páxina da Xunta, divídese en dúas partes:

- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas

- Parte específica:

Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.

Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.

Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

 

 

Se queres saber máis sobre estas probas podes consultar a páxina da Xunta