Probas > Acceso grao medio

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezasete anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.

A proba, cuxos contidos e criterios de avaliación podes consultar na páxina da Xunta,  divídese en tres partes:

- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.

- Matemática: matemáticas.

- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

 

 

Se queres saber máis sobre estas probas podes consultar a páxina da Xunta