Probas > Probas libres

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional

Requisitos

As persoas que queiran participar nestas probas deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Para presentarse ás probas libres de ciclo medio hai que ter:
    •  Título de formación profesional básica, de ESO ou proba de acceso
    •  18 anos, para optar aos títulos de técnico
  • Para presentarse ás probas libres de ciclos superiores hai que ter:
    • Título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso
    •  20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico

 

Ademais e con carácter xeral para presentarse ás probas libres:

  • Non se pode estar matriculado/a en ciclos formativos de FP nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
  • Non se pode estar en posesión dun título de FP declarado equivalente ao correspondente título de FP establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

 

Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

  • Sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
  • Ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

En caso de haber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:

         ► Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

 

Solicitudes de inscrición e lugar de presentación

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

 

Se queres saber máis sobre as probas libres para a obtención de títulos FP (LOE) podes consultar a páxina da Xunta