Carnés ou habilitacións Profesionais

O desenvolvemento de certas actividades no ámbito da seguridade industrial require a obtención de documentación que acredite a competencia profesional do persoal ou da empresa. Esta documentación preséntase baixo a denominación de carné ou habilitación profesional.

Como se pode obter o carné ou habilitación profesional?

►Obtención directa

As especialidades cuxos contidos, materias e coñecementos puideran estar incluídos nunha cualificación profesional do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, titulación de formación profesional, titulación universitaria ou certificado de profesionalidade, e sexan recoñecidos polo organismo competente, permitirán a obtención directa da habilitación profesional ou carné profesional sen a concorrencia á proba.

►Obtención mediante proba

As certificacións poden  obterase pola vía da proba, naquelas especialidades onde se determine, e para as cales as persoas aspirantes deberán reunir os requisitos establecidos en cada especialidade para poder acceder á proba.

 

Se queres saber máis sobre como conseguir o carné ou habilitación profesional podes consultar a páxina da Xunta