Primeiro.- O alumnado do IES Rosalía Mera que precise unha certificación das notas obtidas nos ciclos formativos cursados neste centro educativo poderá solicitar na Secretaría do IES un certificado académico, o cal deberá recoller no IES Urbano Lugrís aproximadamente unhas 24 horas logo de ter presentada a solicitude.
Segundo.- O alumnado do IES Rosalía Mera que precise unha certificación das notas obtidas en EXB, FP1 e/ou FP2 impartidos antigamente neste centro poderá solicitar na Secretaría do IES un certificado académico que recollerá na mesma Secretaría, previo aviso de entrega.
►Como facer para obter estas certificacións?
Para calquera consulta pode chamar ao Tfo. 981 080 408