Matrícula > Altas matrículas

PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA

 

Matrícula de persoas con praza adxudicada no proceso centralizado

As persoas que participen no proceso de admisión centralizado e obtivesen algunha praza adxudicada terán que matricularse no período de matrícula da correspondente adxudicación no centro no que lle fose adxudicada a praza na que se vaia a matricular. De non efectuar a matrícula no prazo correspondente á praza adxudicada perderá o dereito á súa praza e só poderá matricularse no caso de existir prazas vacantes.

Matrícula de persoas que solicitan prazas liberadas

As persoas que desexen matricularse nunha praza liberada entregarán a solicitude segundo modelo aprobado , xunto coa documentación necesaria, no centro que teña a praza liberada, dentro do periodo establecido.

Matrícula para alumnado repetidor(a) de 1º curso dun ciclo formativo polo réxime ordinario

O alumnado matriculado nun ciclo formativo polo réxime ordinario que non  supere o 1º curso e deba repetilo por primeira vez  terá dereito á reserva de praza no mesmo centro docente sen ter que someterse a un novo proceso de admisión, pero deberá facer a solicitide web  desa reserva de praza para o curso seguinte no período ordinario que establece a Consellería de educación.

Matrícula para 2º curso do réxime ordinario

O procedemento de solicitude de admisión e de matrícula en 2º curso NON está centralizado. O anexo para a solicitude de admisión e para a matrícula é o mesmo. Poden existir dúas situacións:

  • Alumnado con praza garantida por pasar do 1º ao 2º curso ou por repetir 2º curso por primeira vez no mesmo centro.
  • Alumnado noutras circunstancias, sen praza garantida. Ao facer a solicitude deberá xuntarlle o informe do centro de orixe onde conste explicitamente que se cumpren os criterios de promoción ao 2º curso, ademais deberá constar o requisito de acceso ao ciclo. Se nalgunha das adxudicacións, que resolve o centro, lle fose adxudicada praza deberá realizar a matríucla nos prazos establecidos.