Admisión a Ciclos Superior

 

OFERTA FORMATIVA

Na seguinte LIGAZÓN podes atopar para o CURSO 2022-2023 a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, a oferta de prazas da formación profesional dual e a oferta de programas formativos de formación profesional básica.

Nota: O número de prazas ofertadas por ciclo formativo podería sufrir algunha modificación.

 

TRAMITACIÓN DA SOLICITUDE

As persoas que teñan a titulación requerida e desexen acceder a un Ciclo Formativo de Grao Superior  deben realizar obrigatoriamente a súa solicitude de admisión a través da páxina da Consellería de  Educación, Universidade e Formación Profesional  mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

 

MOI IMPORTANTE: Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada debidamente asinada e en prazo, en calquera centro de Galicia con oferta, sostida con fondos públicos, de ciclos formativos de FP. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante.

►OLLO! Sen estes requisitos, a solicitude CARECE DE VALIDEZ e NON SERÁ TIDA EN CONTA no  proceso de admisión.

►No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

Pincha aquí para consutar as listaxes do procedemento de admisión