O alumnado poderá solicitar a renuncia ao módulo de FCT e, xa que logo, á súa avaliación, co fin de non esgotar as dúas posibilidades de matrícula previstas para o réxime ordinario, acreditando algunha das seguintes circunstancias:
A solicitude deberá presentala nun prazo, de cando menos, DOUS MESES antes da avaliación final do módulo da FCT
As solicitudes de renuncia presentadas polo alumnado do IES Rosalía Mera serán resoltas pola dirección do centro ao que está adscrito (IES Urbano Lugrís) nun prazo máximo de dez días, a partir da data de recepción da solicitude no centro que ten que resolver.
O alumnado procedente da renuncia deberá solicitar a reincorporación no mes inmediatamente anterior ao comezo do período extraordinario da realización da FCT. Non se terá en conta as xorndas realizadas antes de solicitar a renuncia, polo que cumprirá iniciar o módulo da FCT de novo.