Co fin de NON esgotar as catro convocatorias previstras para cada módulo profesional, poderase renunciar, con carácter xeral, por UNHA SOA VEZ, á avaliación e á cualificación da totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo en que se formalizase a matrícula, no caso do réxime ordianrio,ou de forma parcial non caso do réxime de persoas adultas, sempre que se dea algunha das seguintes circunstancias:
- Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico, tanto do alumno ou da alumna como de familiares ata o segundo grao de consanguinade ou afinidade.
- Incorporación a un posto de traballo mediante un contrato de duración superior a dous meses, nun horario incompativle coas ensinanzas do ciclo formativo.
- Obrigas de tipo familiar ou persoal que impidan a normal dedicación ao estudo.
Procedemento de solicitude de renuncia
O alumnado que teña que solicitar a renuncia de matrícula tenno que facer nos seguintes modelos:
Acompañarase esta solicitude da documentación acreditativa que xustifique a renuncia atendendo a algunha das tres circunstancias indicadas máis arriba e de acordo cos seguintes prazos e requisitos:
- No caso de que todos os módulos sexan de formación no IES Rosalía Mera (módulos de 1º curso en réxime ordinario): cunha antelación mínima de DOUS MESES á avalización final de módulos correspondentes.
- No caso do alumnado de 2º curso en réxime ordinario, en que os módulos de formación de 2º curso se realicen no IES Rosalía Mera e no centro de traballo: cunha antelación mínima de DOUS MESES á data prevista como inicio do período ordinario da FCT.
- No relativo á renuncia ao módulo de FCT, terase en conta o establcecio na súa normativa reguladora.
RECORDADE:
- A renuncia á matrícula SEMPRE se deberá xustificar documentalmente.
- A aceptación da renunica NON implicará reserva de praza para o seguinte curso académico, de modo que para reincorporarse novamente a estes estudos, tedes que sometervos a un novo proceso de admisión.