A solicitude de servizos de residencia ou media pensión do IES Rosalía Mera poderá facerse unha vez formalizada a matrícula no ciclo formativo adxudicado.
A convocatoria e a ordeanza fiscal nº 12 que regulan a utilización de servizos na residencia do IES Rosalía Mera durante o curso 2024/2025 poden ser consultadas ou descargadas nas seguintes ligazóns:
Na seguinte ligazón pódense consultar as tarifas xerais, suxeitas a bonificación pola Deputación da Coruña segundo o estudo da situación socioeconómica familiar concreta:
A documentación precisa para solicitar os servizos de residencia ou media pensión pódese consultar na seguinte ligazón:
Os modelos oficiais de solicitude e achega de información pódense atopar premendo nas seguintes ligazóns:
Para calquera tipo de información e/ou aclaración, poderanse facer consultas a través do enderezo electrónico residencia.rosaliamera@dacoruna.gal ou ben, nos teléfonos 981 080 408 e 650 783 527.