PÁXINA DE INFORMACIÓN DO COVID
HORARIOS CLASES VIRTUAIS NO CASO DE CONFINAMENTO: O horario lectivo, para o ensino virtual que se aplicará neste centro e que permitirá continuar co proceso formativo do noso alumnado ante esta ou outras eventualidades derivadas dá actual crise sanitaria, será o mesmo que se utiliza no horario presencial, respetando recreos e horarios lectivos de mañás e tardes.
A conexión virtual realizarase ao comezo da primeira hora lectiva que o módulo teña asignado no horario presencial. Cunha duración, mínima, do 60% do tempo asignado de forma continua e diaria. É dicir, se o módulo ten unha duración dunha hora, impartiranse de maneira virtual como mínimo os 36 primeiros minutos, se é de dúas horas impartiranse os 72 primeiros minutos e así continuarase facendo o cálculo do tempo mínimo para a conexión virtual no caso de que o módulo teña máis de dúas horas de forma continua o mesmo día.
Horarios: