Anulación matrícula

O alumnado do IES Rosalía Mera pode perder a súa condición de alumna/a do ciclo formativo no que está matriculada, de acordo ao artigo 9  da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acredtiacón académica do alumnado das ensinanazas de formación profesional inicial, debido aos seguintes motivos:

 

Anulación de matrícula de oficio:

Se durante os CINCO primeiros días lectivos do curso  e antes do 31 de outubro se observase a inasistencia a clase de determinadas alumnas ou alumnos, o centro docente requiriralles por escrito a súa inmediata invorporación nun prazo máximo de tres días contados desde a data de recepción da notificación e comunicaralles que, en caso de non incorporarse, agás causa debidamente xustificada, se procederá a anulación da súa matrícula.

 

Anulación voluntaria de matrícula:

O alumnado tamén poderá solicitar de xeito volutanrio a anulación da súa matrícula cunha antelación mínima dunha semana ao remate do período de matrícula.  A praza vacante será cuberta polo alumnado en lista de espera, ata completar a cota asignada ao grupo.

Módelo para solicitar baixa voluntaria de matrícula:

 

Nota: A anulación de matrícula non computará para efectos de convocatorias consumidas.