Renuncia matrícula

Co fin de NON esgotar as catro convocatorias previstras para cada módulo profesional, poderase renunciar, con carácter xeral, por UNHA SOA VEZ, á avaliación e á cualificación da totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo en que se formalizase a matrícula, no caso do réxime ordianrio,ou de forma parcial non caso do réxime de persoas adultas, sempre que se dea algunha das seguintes circunstancias:

  • Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico, tanto do alumno ou da alumna como de familiares ata o segundo grao de consanguinade ou afinidade.
  • Incorporación a un posto de traballo mediante un contrato de duración superior a dous meses, nun horario incompativle coas ensinanzas do ciclo formativo.
  • Obrigas de tipo familiar ou persoal que impidan a normal dedicación ao estudo.

 

  Procedemento de solicitude de renuncia

 

O alumnado que teña que  solicitar a renuncia de matrícula tenno que facer nos seguintes modelos:

 

Acompañarase esta solicitude  da documentación acreditativa que xustifique a renuncia atendendo a algunha das tres circunstancias indicadas máis arriba e de acordo cos seguintes prazos e requisitos:

  1. No caso de que todos os módulos sexan de formación no IES Rosalía Mera (módulos de 1º curso en réxime ordinario): cunha antelación mínima de DOUS MESES á avalización final de módulos correspondentes.
  2. No caso do alumnado de 2º curso en réxime ordinario, en que os módulos de formación de 2º curso se realicen no IES Rosalía Mera e no centro de traballo: cunha antelación mínima de DOUS MESES á data prevista como inicio do período ordinario da FCT.
  3. No relativo á renuncia ao módulo de FCT, terase en conta o establcecio na súa normativa reguladora.

 

RECORDADE:

  1. A renuncia á matrícula SEMPRE  se deberá xustificar documentalmente.
  2. A aceptación da renunica NON implicará reserva de praza para o seguinte curso académico, de modo que para reincorporarse novamente a estes estudos, tedes que sometervos a un novo proceso de admisión.