As persoas interesadas en cursar un dos ciclos formativos de grao medio, superior ou FP Básica da oferta educativa do IES Rosalía Mera poderán participar no proceso de matriculación, logo de que a Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lles adxudicara unha das prazas deste centro de ensino que previamente solicitaran no proceso de admisión do alumnado, salvo que se trate de alumnas/os deste centro que, ou ben accedan ao 2º curso ou ben teñan que repetir 2º ou ben teñan pendente a realización da FCT, as/os cales deberán matricularse directamente no IES Rosalía Mera dentro dos prazos de formalización que marque a Consellería de Educación. Asimesmo, cabe a posibilidade de matricularse directamente nos centros que dispoñan dalgunha praza liberada, atendendo ao establecido pola Consellería de Educación.
O alumnado do IES Rosalía Mera poderá perder a súa condición de alumna/o do ciclo formativo no que está matriculada/o por anulación voluntaria ou de oficio, por baixa voluntaria ou de oficio, por renuncia ou por traslado de matrícula, debendo ser tramitadas estas na Secretaría do Centro.