A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca anualmente:
► probas de acceso a ciclos de grao medio e superior de FP para aquelas persoas que, carecendo dos requisitos académicos para acceder directamente, queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional.
►Plan de acreditación da experiencia profesional para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías, non formais de aprendizaxe.
►probas encamiñadas á obtención dos carnés profesionais e habilitacións profesionais que acreditan ter os coñecementos teórico-prácticos necesarios para o exercicio de certas actividades no ámbito da seguridade industrial.
►probas libres co obxectivo de favorecer a obtención dos títulos de técnico/a e de técnico/a superior.