Tramitación Títulos

   Como ten que facer o alumnado para que o centro tramite o seu título?

    Unha vez superado o ciclo formativo correspondente o alumnado debe solicitar a expedición do seu título na Secretaría do IES.

 

 

 

PASOS A SEGUIR PARA A EXPEDICIÓN DE TÍTULOS

 

Primeiro.- Cubrir o modelo de taxas da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia para a expedición de títulos. A contía das TAXAS  variará en función do título que se solicite e rexerase pola normativa vixente no momento no que as interesadas ou interesados soliciten a expedición do título correspondente.

Este modelo do impreso Taxas da Comunidade Autónoma de Galicia-Autoliquidación (Modelo A) podes conseguilo por tres vías ( se necesitas axuda para cubrir este documento pincha AQUÍ

OLLO! TÉS QUE TER COIDADO EN CUBRIR CORRECTAMENTE O CÓDIGO DO TEU TÍTULO LOE ? (302003) OU LOXSE ? (302001):

  • Recolléndoo persoalmente na Secretaría do centro.
  • Cubrindo cos datos correspondentes en internet o impreso AI na páxina da Axencia Tributaria de Galicia e descargando os tres exemplares para presentar na oficina bancaria colaboradora.
  • Facendo o pagamento a través da oficina virtual tributaria por internet con dúas modalidades:
    • a) Semipresencial: cubrindo o impreso 739 na dita páxina e acercándose á entidade financeira para facer o pagamento. Unha vez feito isto deberá entrar novamente na mencionada páxina para completar o proceso cubrindo os datos facilitados polo banco e sacará de novo un impreso, modelo 730, que presentará no centro
    • b) Telemático puro, no que fai todo o proceso a través de internet, pagando contra unha tarxeta de crédito ou conta bancaria. Neste caso obterá tamén o impreso modelo 730, que presentará no centro.

 

Segundo.- Facer o pagamento, en caso de non elixir o pago telemático, en calquera das entidades financeiras colaboradoras

Terceiro.- Presentar o xustificante de pago das taxas  (2 exemplares ) na Secretaría deste centro, onde se lle  estampará unha dilixencia, co selo do centro, na que constará que "a alumna ou alumno a quen corresponde este documento rematou os estudos de........o día.....de.........de 20..." e que lle servirá ao alumnado como xustificante da obtención do seu título en tanto que non lle sexa expedido o título oficial.