Renuncia á FCT

O alumnado poderá solicitar a renuncia ao módulo de FCT e, xa que logo, á súa avaliación, co fin de non esgotar as dúas posibilidades de matrícula previstas para o réxime ordinario, acreditando algunha das seguintes circunstancias:

  • Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico.
  • Incorporación laboral acreditada mediante contrato de traballo.
  • Obrigas de tipo familiar xustificadas que impidan a normal dedicación aos estudos.
  • Outras de carácter análogo que a dirección do centro estime oportuno, por proposta do equipo docente.

 

  Documentación a presentar na Secretaría do IES Rosalía Mera

 

  • Solicitude (según o Modelo XXV da orde do 28/02/2007) dirixida á dirección do centro no que está matriculada a persoa interesada
  • Xustificante da circunstancia que alega para que lle conceda a renuncia.

 

Prazo solicitude de renuncia

A solicitude deberá presentala nun prazo, de cando menos, DOUS MESES antes da avaliación final do módulo da FCT

 

Resolución da renuncia

As solicitudes de renuncia presentadas polo alumnado do IES  Rosalía Mera  serán resoltas pola dirección do centro ao que está adscrito (IES Urbano Lugrís) nun prazo máximo de dez días, a partir da data de recepción da solicitude no centro que ten que resolver.

O alumnado procedente da renuncia deberá solicitar a reincorporación no mes inmediatamente anterior ao comezo do período extraordinario da realización da FCT. Non se terá en conta as xorndas realizadas antes de solicitar a renuncia, polo que cumprirá iniciar o módulo da FCT de novo.