Atendendo ao artigo 20º da Orde do 30 de xullo de 2007, o alumnado, as nais, pais ou, de ser o caso, quen dispoña da súa titoría legal, poderán reclamar, ante a dirección do centro, contra as decisións e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos das avaliacións finais.
Partindo da idea de que con antelación á presentación da oportuna instancia é aconsellable pedir aclaracións ao profesorado que imparte docencia no módulo profesional obxecto da posible reclamación, as características xerais do proceso de reclamación son as seguintes:
Quen pode reclamar?
O alumnado, os pais, as nais ou, de ser o caso, quen exerza a súa titoría legal.
A quen vai dirixido?
Á dirección do centro.
Que se reclama?
A decisión e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos de avaliacións finais
En que aspectos se pode basear a reclamación?
- A avaliación que se levou a cabo non foi adecuada aos obxectivos, contidos e criterios de avaliación recollidos na correspondente programación didáctica.
- Os procedementos e os instrumentos de avaliación aplicados foron inadecuados, segundo a programación didáctica.
- Non foi correcta a aplicación dos criterios de avaliación establecidos na programación didáctica para a superación dos módulos profesionais.
Como se presenta a reclamación?
Cal é o prazo para presentar a reclamación?
Máximo de dous días lectivos a partir daquel en que se produza a comunicación da cualificación final ou da decisión adoptada.
En canto tempo se resolve a reclamación?
O proceso de valoración da reclamación resolverase nun prazo máximo de cinco días naturais, incluída a comunicación ao alumnado, contados a partir do día seguinte ao da presentación da reclamación.