Bases e inscricións

Se estades interesados / as en participar ca vosa compañía / centro educativo no XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, de seguido atoparedes toda a información e documentación para poder informarvos e tramitar a vosa inscrición.

Recomendamos que consultedes as seguintes bases para coñecer os requisitos de participación neste certame teatral e condicións do mesmo, así como o rider técnico e plano de escenario, antes de acceder ó formulario online de inscrición.

Tamén é obrigatorio que as compañías / centros educativos inscritos no certame, envíen ó seguinte enderezo electrónico residencia.rosaliamera@dacoruna.gal, cunha antelación mínima dunha semana á data de representación, o documento oficial de autorizacións de imaxe escaneadas de todos/as os/as participantes (actores, actrices e equipo técnico). Poderedes acceder a todos os documentos mencionados premendo nos enlaces amosados de seguido.

 

Nota: Para o cobro dos premios en metálico será requisito indispensable estar dado de alta como terceiro na Deputación da Coruña, o formulario e instrucións poderanse atopar no seguinte enlace.

 

Para a resolución de calquera dúbida poñemos a vosa disposición os seguintes teléfonos: 981 080 408 e 650 783 527; e no enderezo electrónico: residencia.rosaliamera@dacoruna.gal

 

O horario de atención telefónica será os días lectivos no IES Rosalía Mera de:

Luns a xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h.

Venres de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 17:00h.