Se estades interesados / as en participar ca vosa entidade, compañía e/ou centro educativo no XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, de seguido atoparedes toda a información e documentación para poder informarvos e tramitar a vosa inscrición.
Recomendamos que consultedes as seguintes bases para coñecer os requisitos de participación neste certame teatral e condicións do mesmo, así como o rider técnico e plano de escenario, antes de acceder ao formulario online de inscrición.
Poderedes acceder a todos os documentos mencionados premendo nos enlaces amosados de seguido.
Unha vez adxudicada a data, recibiredes un correo electrónico da organización confirmando a mesma e con indicacións para o envío do resto de documentación a ter en conta (datos participantes, autorizacións de imaxe, sinopse, reparto, cartel, etc.).
Para a resolución de calquera dúbida poñemos a vosa disposición os seguintes teléfonos: 981 080 408 e 650 783 527; e o enderezo electrónico: residencia.rosaliamera@dacoruna.gal
O horario de atención telefónica será, os días lectivos no IES Rosalía Mera, de:
Luns a xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h.
Venres de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 17:00h.