Probas > Acreditación profesional

Cales son os requisitos  para poder acceder ao Plan de acreditación profesional?

  •  Posuír a nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de ciddán ou cidadá da UE.
  • Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I, e ter 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III
  • Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.
  •  As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular), nin realizando formación profesional para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia nas que soliciten a súa inscrición, nin inscritas nas probas libres para a obtención do título de FP conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia. Pata todo isto, presentarán declaración responsable.

 

Fases do procedemento

FASE I. Asesoramento: Nesta fase, un asesor ou unha asesora axúdache a compilar todas as probas que poidas achegar para defender a túa competencia profesional: proxectos, traballos realizados, certificados oficiais de estudos (poden ser estudos incompletos ou extinguidos), cursos, referencias, informes e certificados dos empregadores. Tamén realizarás un test de autoavaliación.

FASE 2. Avaliación das competencias profesionais: A comisión de avaliación utilizará os métodos que considere necesarios para comprobar o exposto na documentación que achegaches no paso anterior. Estes métodos poden ser, entre outros, a observación directa no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas de competencia profesional ou entrevista profesional.

FASE 3. Acreditación e rexistro das competencias: Cando superes o proceso de avaliación obterás unha acreditación de cada unha das unidades de competencia nas que demostraches a túa competencia profesional.

 

Se queres saber máis sobre o Plan de acreditación da experiencia profesional podes consultar a páxina da Xunta