Probas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca anualmente:

► probas de acceso a ciclos de grao medio e superior de FP para  aquelas persoas que, carecendo dos requisitos académicos para acceder directamente, queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional.

Plan de acreditación da experiencia profesional para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías, non formais de aprendizaxe.

►probas encamiñadas á obtención dos carnés profesionais e habilitacións profesionais que acreditan ter os coñecementos teórico-prácticos necesarios para o exercicio de certas actividades no ámbito da seguridade industrial.

probas libres co obxectivo de favorecer a obtención dos títulos de técnico/a e de técnico/a superior.