ESTE CENTRO DE ENSINO, como o resto de centros, SOAMENTE PODE EMITIR CERTIFICADOS CELGA AO SEU ALUMNADO (sempre e cando cumpra cos requisitos indicados abaixo)
O alumnado do IES ROSALÍA MERA que cumpra os requisitos recollidos no ANEXO I da orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (CELGA), poderá solicitar na Secretaría deste Centro a validación e expedición de certificados de lingua galega.
- Aquel alumnado deste Centro de Ensino que cursase e superase a materia de lingua galega en todos os cursos da educación primaria ou en seis cursos da EXB serán validables polo certificado de lingua galega 1 (Celga 1)
- Aquel alumnado deste Centro de Ensino que cursase e superase a materia de lingua galega en todos os curso da EXB serán validables polo certificado de lingua galega 2 (Celga 2)
- Aquel alumnado deste Centro de Ensino que cursase e superase a materia de lingua galega en todos os cursos que indica o currículo de FP1 e que estean en posesión do título de Técnico Auxiliar (FP1) serán validables polo certificado de lingua galega 3 (Celga 3)
- Aquel alumnado deste Centro de Ensino que cursase e superase a materia de lingua galega en todos os cursos que indica o currículo de FPII e que estean en posesión do título de Técnico de FPII serán validables polo certificado de lingua galega 4 (Celga 4)
Para obter esta certificación poderá:
- Solicitalo persoalmente nas oficinas de Secretaría do IES Rosalía Mera
- Cubrir este MODELO SOLICITUDE e envialo ao correo electrónico: ies.rosaliamera@edu.xunta.gal
Para calquera consulta pode chamar ao Tfo. 981 080 408