As persoas que participen no proceso de admisión centralizado e obtivesen algunha praza adxudicada terán que matricularse no período de matrícula da correspondente adxudicación no centro no que lle fose adxudicada a praza na que se vaia a matricular. De non efectuar a matrícula no prazo correspondente á praza adxudicada perderá o dereito á súa praza e só poderá matricularse no caso de existir prazas vacantes.
As persoas que desexen matricularse nunha praza liberada entregarán a solicitude segundo modelo aprobado , xunto coa documentación necesaria, no centro que teña a praza liberada, dentro do periodo establecido.
O alumnado matriculado nun ciclo formativo polo réxime ordinario que non supere o 1º curso e deba repetilo por primeira vez terá dereito á reserva de praza no mesmo centro docente sen ter que someterse a un novo proceso de admisión, pero deberá facer a solicitide web desa reserva de praza para o curso seguinte no período ordinario que establece a Consellería de educación.
O procedemento de solicitude de admisión e de matrícula en 2º curso NON está centralizado. O anexo para a solicitude de admisión e para a matrícula é o mesmo. Poden existir dúas situacións: