Baixa matrícula

O alumnado do IES Rosalía Mera  pode perder a súa condición de alumna/o do ciclo formativo no que está matriculada, atendendo ao establecido no artigo 10  da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acredtiacón académica do alumnado das ensinanazas de formación profesional inicial, debido aos seguintes motivos:

 

► Baixa de oficio de matrícula

Logo de iniciadas as actividades lectivas, o IES Rosalía Mera  realizará a baixa de oficio da matrícula cando o un/unha alumno/a NON asistan inxustificadamente á clase durante o o resto do curso académico de xeito continuado por un período superior a 15 días lectivos ou, de xeito descontinuo, por un período superior a 25 días lectivos.

A baixa de oficio ademais consome  convocatoria ( recordamos que alumnado poderá ser avalidado dun mesmo módulo profesional un máximo de CATRO convocatorias, agás o módulo de FCT que son DÚAS)

 

Solicitude de baixa voluntaria de matrícula

As solicitudes voluntarias de baixa de matrícula do alumnado, con posterioridade á data límite para solicitar a anulación de matrícula ( cunha antelación mínima dunha semana ao remate do período de matrícula) terán os mesmos efectos que as baixas de oficio.

Módelo para solicitar baixa voluntaria de matrícula: