As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.
A proba, cuxos contidos e criterios de avaliación podes consultar na páxina da Xunta, divídese en dúas partes:
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas
- Parte específica:
Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
Se queres saber máis sobre estas probas podes consultar a páxina da Xunta