As ofertas de accións formativas de FP van dirixidas á adquisición e á mellora das competencias e das cualidaficacións profesionais, promovendo a formación permanente, organizándose en CICLOS FORMATIVOS e en cursos para unha maior especialización ou formación específica para determinados colectivos, e poderán realizarse en RÉXIMES E MODALIDADES DIFERENTES, así como através do PROCESO DE AVALIACIÓN, RECOÑECEMENTO e ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS, co fin de que as persoas avancen no seu itinerario de FP independentemente da súa situación en cada momento, e completar a formación necesaria para a obtención dun título de FP.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca anualmente:
O proceso de admisión do alumnado a ciclos formativos de FP básica, grao medio e de grao superior.
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior de FP para aquelas persoas que non cumpren os requistios académicos de acceso a estes ciclos formativos.
O proceso de acreditación de competencias profesionais, co obxecto de recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
O procedemento e a convocatoria das probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais necesarias no ámbito da seguridade industrial.
As probas libres que teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional.