Matrícula > Altas matrículas

PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA

 

Matrícula de persoas con praza adxudicada no proceso centralizado

As persoas que participen no proceso de admisión centralizado e obtivesen algunha praza adxudicada terán que matricularse no período de matrícula da correspondente adxudicación no centro no que lle fose adxudicada a praza na que se vaia a matricular. De non efectuar a matrícula no prazo correspondente á praza adxudicada perderá o dereito á súa praza e só poderá matricularse no caso de existir prazas vacantes.

Matrícula de persoas que solicitan prazas liberadas

As persoas que desexen matricularse nunha praza liberada entregarán a solicitude segundo modelo aprobado , xunto coa documentación necesaria, no centro que teña a praza liberada, dentro do periodo establecido.

Matrícula para alumnado repetidor(a) de 1º curso dun ciclo formativo polo réxime ordinario

O alumnado matriculado nun ciclo formativo polo réxime ordinario que non  supere o 1º curso e deba repetilo por primeira vez  terá dereito á reserva de praza no mesmo centro docente sen ter que someterse a un novo proceso de admisión, pero deberá facer a solicitide web  desa reserva de praza para o curso seguinte no período ordinario que establece a Consellería de educación.

Matrícula para 2º curso do réxime ordinario

O procedemento de solicitude de admisión e de matrícula en 2º curso NON está centralizado. O anexo para a solicitude de admisión e para a matrícula é o mesmo. Poden existir dúas situacións:

  • Alumnado con praza garantida por pasar do 1º ao 2º curso ou por repetir 2º curso por primeira vez no mesmo centro.
  • Alumnado noutras circunstancias, sen praza garantida. Ao facer a solicitude deberá xuntarlle certificación académico do centro  de  orixe, onde conste explicitamente que se cumpren os criterios de promoción ao 2º curso, Tamén derán constar as cualificacións dos módulos de 1º curso. Se nalgunha das adxudicacións, que resolve o centro, lle fose adxudicada praza deberá realizar a matrícula nos prazos establecidos.