Como ten que facer o alumnado para que o centro tramite o seu título?
Unha vez superado o ciclo formativo correspondente o alumnado debe solicitar a expedición do seu título na Secretaría do IES.
PASOS A SEGUIR PARA A EXPEDICIÓN DE TÍTULOS
Primeiro.- Cubrir o modelo de taxas da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia para a expedición de títulos. A contía das TAXAS variará en función do título que se solicite e rexerase pola normativa vixente no momento no que as interesadas ou interesados soliciten a expedición do título correspondente.
Este modelo do impreso Taxas da Comunidade Autónoma de Galicia-Autoliquidación (Modelo A) podes conseguilo por tres vías ( se necesitas axuda para cubrir este documento pincha AQUÍ
Segundo.- Facer o pagamento, en caso de non elixir o pago telemático, en calquera das entidades financeiras colaboradoras
Terceiro.- Presentar o xustificante de pago das taxas (2 exemplares ) na Secretaría deste centro, onde se lle estampará unha dilixencia, co selo do centro, na que constará que "a alumna ou alumno a quen corresponde este documento rematou os estudos de........o día.....de.........de 20..." e que lle servirá ao alumnado como xustificante da obtención do seu título en tanto que non lle sexa expedido o título oficial.